Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 02 de marzo de 1998 Páx. 2.087

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/267-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Sociedade Electricista de Tui, S.A.

Enderezo social: Coruña, 20, 36700 Tui.

Denominación: L.M.T. Ribadelouro-Fábricas e Ribadelouro-Campo fútbol e C.T.

Situación: Tui.

Descricións técnicas: L.M.T. Ribadelouro-Fábricas, a 20 kV, de 1.364 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón e metálicos, entre a derivación de Fábricas e a L.M.T. Fábricas existente. L.M.T. Ribadelouro-Campo fútbol, a 20 kV, de 335 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios metálicos, entre a derivación Fábricas e o C.T. que se proxecta en Campo de fútbol. Ámbalas dúas liñas no concello de Tui. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 8 de xaneiro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra