Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 02 de marzo de 1998 Páx. 2.086

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/175-2, 4875 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro nº 4, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T. subestación Foz a C.T. Cabaleiro (Foz).

Situación: Foz.

Descricións técnicas: liña M.T. aérea con orixe en subestación de Foz e final en L.M.T. aérea cruzamento da Ría, lonxitude 1.194 km. Liña M.T. subterránea subestación de Foz a cruzamento da Ría con lonxitude de 0,7 km e conductor R.H.V.-12/20 kV-3x150 Al. Liña M.T. subterránea terreo de barras a C.T. Cabaleiro de 0,45 km de lonxitude e conductor R.H.V.-12/20 KV-3x150 Al.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 23 de decembro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo