Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 02 de marzo de 1998 Páx. 2.086

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/174-2, 4874 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro nº 4-1º, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Gaián (Vilalba).

Situación: Vilalba.

Descricións técnicas: L.M.T. de C.T. caseta de Soaxe a C.T.I. de Gaián, lonxitude 797 m en conductor LA-56 sobre apoios de formigón. C.T. intemperie, sobre torre metálica con relación 20.000/380-220 V e potencia 50 kVA. R.B.T. en conductor R.Z.-95 e R.Z.-50 sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 23 de decembro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo