Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 02 de marzo de 1998 Páx. 2.086

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/158-2, 4854 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro nº 4-1º, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en C.T. Aqualife. Estrada vella de Santiago de Compostela. Lugo.

Situación: Lugo.

Descricións técnicas: L.M.T. a 20 kV en conductor D.H.Z.1 12/20 kV, C.T. de potencia 630 kVA relación 20.000/380-220 V. Rede baixa tensión en conductor R.V. 0,6/1 kV, 1x240 Al.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 10 de decembro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo