Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 02 de marzo de 1998 Páx. 2.085

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/157-2, 4853 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a peti

ción de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro nº 4-1º, 27002 Lugo.

Denominación: cambio de tensión a 20 kV en CC.TT. do Vicedo.

Situación: O Vicedo.

Descricións técnicas: L.M.T. suterránea a 20 kV en conductor D.H.Z.1 12/20 kV, 1x150 mm. Oito C.T. de 100 kVA relación 20.000/420 V, dez C.T. de 50 kVA relación 20.000/420 V, dous C.T. de 160 kVA relación 20.000/420 V, tres C.T. de 250 kVA relación 20.000/420 V e un C.T. de 400 kVA relación 20.000/420 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 10 de decembro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo