Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de
execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T.S. San Lázaro-Matadoiro.
Situación: Verín (Ourense).
Descricións técnicas: liña M.T. subterránea a 20 kV, de 190 m de lonxitude, en conductor R.H.V. 12/20 kV 3x150 Al, desde o C.T. existente en caseta, San Lázaro e remata no C.T. Matadoiro, tamén existente en caseta.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Ourense, 21 de xaneiro de 1998.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense