Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 27 de febreiro de 1998 Páx. 2.046

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/113-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., M.R.B.T. Quinta do Monte.

Situación: Esgos (Ourense).

Descricións técnicas: liña M.T. aérea espida, A Quinta do Monte, tensión a 20 kV, de 2.804 m de lonxitude, en conductor LA-56 desde o apoio número 45 da L.M.T. a Xunqueira de Espadanedo e remata no C.T. de Arcos. Liña M.T. aérea espida a C.T. de Mellón de Arriba e Quinta do Monte, a 20 kV., de 294 m de lonxitude, en conductor LA-56, desde o apoio número 18 da L.M.T. a C.T. de Arcos e remata no C.T. proxectado de Melón de Arriba, con 50 kVA., a intemperie, R.D.T. 20.000/380-220V e rede de baixa tensión.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 21 de xaneiro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense