Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 27 de febreiro de 1998 Páx. 2.045

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/429-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Sociedad Electricista de Tui.

Enderezo social: Coruña, 20, 36700 Tui.

Denominación: L.M.T. e 2 CC.TT. en Soutelo-Torreiro-Rapado-Baldráns.

Situación: Tui.

Descricións técnicas: L.M.T., aéreo-subterránea, de 1.871 m de lonxitude o tramo aéreo, a 20 kV, con conductor tipo LA-56, sobre apoios metálicos e de formigón, e 100 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. Caldelas-Escola ata o C.T. que se proxecta en Soutelo-Torreiros, concello de Tui. C.T. de 250 kVA, en Soutelo-Torreiro e C.T. de 50 kVA en Rapado-Baldráns, relación de transformación 20 kV-398/230 V.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos con

dicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 12 de xaneiro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra