Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 27 de febreiro de 1998 Páx. 2.045

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/109-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: C.T. e R.B.T. de Robledo e Domiz.

Situación: Carballeda de Valdorras.

Descricións técnicas: C.T. intemperie, de 100 kVA, R.D.T. 15.000/380-220 V. en Robledo; C.T. intemperie de 50 kVA, de igual R.D.T., en Domiz; rede de baixa tensión aérea de 1.250 m en conductor R.Z.-0,6/1 desde o C.T. proxectado en Robledo, e R.B.T. de 570 m en conductor R.Z.-0,6/L, desde o C.T. proxectado en Domiz.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 7 de xaneiro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense