Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 27 de febreiro de 1998 Páx. 2.045

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 4856 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Empresas y Negocios Españoles de Alimentación Asociados, S.A. (Enesa).

Domicilio social: polígono industrial de Monforte de Lemos, parcelas 25-26.

Denominación: instalación de coxeración de enerxía eléctrica industrial alimentaria.

Situación: Monforte de Lemos.

Descricións técnicas: anteproxecto: motor de combustión interna 1.525 kW. Combustible: gasóleo. C.T. 2.000 kVA, 6/20 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.

Lugo, 15 de decembro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo