Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 27 de febreiro de 1998 Páx. 2.046

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación Alberto I, nos concellos de Lalín e Vila de Cruces da provincia de Pontevedra, por parte de Ángel Fernández Presas.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra, fai saber que Ángel Fernández Presas, con domicilio en Avda. Buenos Aires, 81, Lalín, presentou nesta delegación provincial, o día 28 de outubro de 1997, instancia-solicitude do permiso de investigación Alberto I, de 33 cuadrículas mineiras para recursos da sección c), que se sitúa nos termos municipais de Lalín e Vila de Cruces, da provincia de Pontevedra, e que lle correspondeu o nº 2773, da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 11' 00'' 42º 45' 20''

Vértice 28º 09' 40'' 42º 45' 20''

Vértice 38º 09' 40'' 42º 45' 00''

Vértice 48º 09' 20'' 42º 45' 00''

Vértice 58º 09' 20'' 42º 43' 00''

Vértice 68º 10' 40'' 42º 43' 00''

Vértice 78º 10' 40'' 42º 43' 20''

Vértice 88º 11' 00'' 42º 43' 20''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que, calquera que se considere interesado, interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 26 de xaneiro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra