Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 27 de febreiro de 1998 Páx. 2.004

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 56/1998, do 12 de febreiro, polo que se declara a urxente ocupación de bens e dereitos co obxecto de impoñe-la servidume de paso para o establecemento e conservación da liña eléctrica áerea, a 20 kV, centro de transformación e rede de baixa tensión de Sequeiros, no concello de Coles, provincia de Ourense. (Expediente 96/2-3).

Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na r/ Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense, solicitou desta consellería, a concesión dos beneficios de expropiación forzosa e a declaración de urxente ocupación dos terreos afectados pola execución do proxecto de construcción da liña eléctrica aérea a 20 kV de 813 m de lonxitude en conductor LA-56, sobre apoios de formigón ou metálicos, derivada desde un apoio da liña á C.T. de Meriz e con remate no C.T. aéreo proxectado en Sequeiros, afectando no seu percorrido ó termo municipal de Coles (Ourense). (Expte. 96/2-3).

A dita instalación foi autorizada e declarada de utilidade pública, por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Ourense do 30-10-1996, a cal foi obxecto de publicación, inseríndose no Diario Oficial de Galicia do 3-12-1996, no BOP de Ourense do 7-12-1996, e no BOE do 28-11-1996. Coa mesma data aprobouse o seu proxecto de execución,

A solicitude de urxente ocupación fíxose de acordo co disposto no artigo 31 do regulamento que desenvolve a Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sacións en materia de instalacións eléctricas, aplicable ó presente expediente en virtude do establecido pola disposición transitoria primeira da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Os anunicos de información pública aberta en función desta petición, coa relación de interesados, bens e dreitos afectados, publicáronse no Diario Oficial de Galicia do 11-4-1997, no BOP de Ourense do 7-4-1997, no xornal La Región do 4-4-1997, e no taboleiro de anuncios da casa do concello de Coles e no da delegación provincial; ó mesmo tempo na forma regulamentaria notificóuselle individualmente a cada un dos interesaos que figuran na dita relación.

A tramitación do expediente fíxose de acordo coa Lei 10/1966, do 18 de marzo, e co seu regulamento de aplicación, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro; durante o período en que se someteu a trámite de información pública formuláronse as seguintes alegacións:

1) Luis Diégez Batán, propietario de predio nº 8, presenta acción de declaración de nulidade absoluta, presentada ó abeiro do artigo 102 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra a citada resolución do 30-10-1996.

2) José González González, propietario do predio nº 9, solicita a modificación do trazado, aducindo que o proposto inutiliza o seu predio.

3) Carmen Pérez Álvarez, propietaria do predio nº 10 solicita información para a completa identificación dos bens afectados.

As alegacións foron remitidas á empresa beneficiaria.

Unha vez practicada, por técnicos da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Ourense a inspección sobre o terreo seguindo o trazado aprobado para a instalación desta liña, púidose comprobar que nos bens afectados, sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, para os efectos da servidume, non se dan os supostos prohibitivos previstos nos artigos 6 da Lei 10/1966, do 18 de marzo, e 25 do Decreto 2619/1966, nin lle son de aplicación as limitacións do artigo 26 do dito decreto.

Á vista das alegacións presentadas, da resposta da empresa beneficiaria e da inspección sobre o terreo, dedúcese que:

a) A solicitude de declaración de nulidade absoluta da citada Resolución do 30-10-1996 foi desestimada

por resolución do conselleiro de Industria e Comercio do 9 de decembro de 1997.

b) A delegación provincial remitiu ós interesados as informacións solicitadas, facilitadas pola empresa beneficiaria.

c) Non se pode acepta-la alegación presentada por José González González, xa que a modificación do trazado proposta suón un incremento do investimento, no treito afectado, moi superior ó 10%, porcentaxe que se establece no apartado 3º) do artigo 26 (limitacións) do Decreto 2619/1966.

Considérase xustificada a urxente ocupación solicitada pola compañía Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., xa que con esta liña se pretende subministrar de enerxía o centro de transformación e a rede de baixa tensión que se vai instalar en Sequeiros, co fin de que se vai poder garanti-las máximas condicións de seguridade da subministración, calidade e regularidade do servicio, e debido a que a imposición da servidume de paso, polo procedemento ordinario, faría imposible atende-lo servicio demandado coa celeridade debida.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Industria e Comercio e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día doce de febreiro de mil noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co estalecido polo artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, declárase a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola servidume de paso da instalación da liña eléctrica aérea, o centro transformador e a rede de baixa tensión de Sequeiros (Exp. 96/2-3) proxectada e proposta por Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., cos efectos e alcance previstos nos artigos 55 e 57 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, aplicable en virtude do que determina a disposición transitoria segunda da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Os bens e dereitos a que afecta esta disposicón sitúanse no termo municipal de Coles (Ourense) e son tódolos que figuran na relación presenada pola empresa solicitante dos beneficios de expropiación, que consta no expediente, o cal se someteu á información pública na forma e datas anteriormente descritas.

Santiago de Compostela, doce de febreiro de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio