Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 27 de febreiro de 1998 Páx. 2.004

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 20 de xaneiro de 1998 pola que se modifica a do 12 de setembro de 1997, pola que se establece o réxime de funcionamento do Comité Preparatorio da Comisión de Acción Exterior da Xunta de Galicia.

Os decretos 350 e 351/1997, do 10 de decembro, perfilaron unha nova organización administrativa da Xunta de Galicia, que comprendeu tanto os centros directivos dependentes da súa presidencia como a estructura orgánica dos seus diferentes departamentos. Estas modificacións esixen, xa que logo, unha adecuación do Comité Preparatorio da Comisión de Acción Exterior, ó abeiro do previsto no artigo 3 do Decreto 170/1997, do 3 de xullo. Igualmente, de conformidade cos principios de economía e eficacia administrativas, resulta aconsellable aproveitar esta oportunidade para reforza-la composición deo propio comité, incorporando os responsables dos departamentos e centros diretivos vencellados con distintos aspectos sectoriais da acción exterior, e de xeito singular nas áreas da economía, cooperación universitaria e comunicación.

En consecuencia, no exercicio da habilitación inserida no artigo 3 e disposición derradeira primeira do devandito Decreto 170/1997 e das atribucións que me confieren os artigos 34 e concordantes da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.

Modifícase o artigo 2 da Orde do 12 de setembro de 1997 pola que se establece o réxime de funcionamento do Comité Preparatoiro da Comisión de Acción Exterior da Xunta de Galicia, que queda redactado da seguinte forma:

Artigo 2º

O comité estará presidido polo conselleiro da Presidencia e Administración Pública e polo conselleiro de Economía e Facenda e actuará como secretario o secretario xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior, que tamén será membro de pleno dereito deste. O comité quedará integrado ademais polos seguintes compoñentes permanentes:

-Secretario xeral da Presidencia.

-Secretario xeral de Relacións coas Comunidades Galegas.

-Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento.

-Secretario xeral para as Relacións cos Medios Informativos.

-Director do Instituto Galego de Promoción Económica.

-Director xeral de Universidades.

-Director xeral de Comercio e Consumo.

-Director xeral de Turismo.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ó establecido na presente orde.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública