Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 26 de febreiro de 1998 Páx. 1.998

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na súa sesión do 26 de xaneiro de 1998, acordou suspende-lo outorgamento de licencias de edificacións nas rúas C e D do cemiterio de Boisaca, con motivo dos traballos de redacción do Plan especial para o desenvolvemento do sistema xeral C-1.

De conformidade co disposto no artigo 34.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, a suspensión terá a duración máxima dun ano, sen prexuízo da que se produza coa aprobación inicial do citado plan especial.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza

de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 1998.

O alcalde

Rubricado