Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 26 de febreiro de 1998 Páx. 1.999

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación, por concurso aberto, da subministración de materiais de oficina, informáticos, papel para fotocopiadora, etiquetas e impresos para o ano 1998 do Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicante: organismo: concello de Vigo. Dependencia: Patrimonio e Contratación. Nº expediente: 10923/240.

2. Obxecto do contrato: descrición: subministración dos materiais que se relacionan nos lotes seguintes:

Lotes:

-Lote I: impresos 1 (impresos do nº 1 ó nº 78) (3.300.000 ptas.).

-Lote II: impresos 2 (impresos do nº 79 ó nº 135) (4.250.000 ptas.).

-Lote III: impresos 3 (impresos do nº 136 ó nº 194) (2.900.000 ptas.).

-Lote IV: impresos en papel continuo 1 (impresos do nº 1 ó nº 6) (900.000 ptas.).

-Lote V: impresos en papel continuo 2 (impresos do nº 7 ó nº 8) (350.000 ptas.).

-Lote VI: impresos en papel continuo 3 (impreso nº 9) (500.000).

-Lote VII: papel para fotocopiadora (A3 e A4, 2.700.000 ptas.).

-Lote VIII: material de oficina 1 (2.200.000 ptas.).

-Lote IX: material de oficina 2 (2.000.000 de ptas.).

-Lote X: etiquetas (500.000 ptas.).

-Lote XI: consumibles informáticos (3.300.000 ptas.).

-Lote XII: Hardware e Software (2.500.000 ptas.).

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: durante o ano 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: o que para cada lote figura entre paréntese no punto 2 deste anuncio.

5. Garantías: provisional: dispensada.

Definitiva: 4% do lote que resulte adxudicatario.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do concello de Vigo, Pz. do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono (986) 81 01 48. Fax (986) 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acreditar solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas: data límite: 26 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obrigación de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 11.3 do prego de condicións.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 16 de febreiro de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde