Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 26 de febreiro de 1998 Páx. 1.998

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria do día 30 de xaneiro de 1998, acordou a iniciación do expediente de expropiación, con urxente ocupación, dos bens e dereitos necesarios para o proxecto técnico de expropiación de San Lázaro 3ª fase, ZD-2, PR-4.

En cumprimento do disposto no artigo 56 do Regulamento de expropiación forzosa, o concello expón ó público o referido proxecto de expropiación, co fin de que, no prazo dos quince días que seguen á publicación deste anuncio no BOP, no Diario Oficial de Galicia e na prensa local, os interesados poidan formula-las alegacións que coiden oportunas.

O presente edicto servirá de notificación, nos termos do artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a tódolos afectados que, por resultar descoñecidos ou ignorándose o seu domicilio, non poidan ser citados persoalmente ó trámite de información pública.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 1998.

P.D.

Pedro A. Fernández

Conselleiro delegado de Urbanismo

Relación de bens e dereitos afectados

Termo municipal: Santiago de Compostela.

Situación: terreos anexos á zona deportiva de San Lázaro.