Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 26 de febreiro de 1998 Páx. 1.996

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEAREAS

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión levada a cabo o día 19 de xaneiro de 1998, acordou aproba-las bases para a confección da lista de espera para substitucións do persoal laboral do Concello de Ponteareas. Baseándose nisto, lévase a cabo a publicación do seguinte anuncio:

Obxecto: convocatoria para a confección da lista de espera para substitucións do persoal laboral do concello.

Cubrir laboralmente e mediante contrato de laboral as prazas relacionadas no anexo I.

Requisitos.

Os requisitos, a continuación enumerados, son imprescindibles para o acceso á praza.

1. Ser maior de idade e non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal desenvolvemento da súa función.

2. Non estar separado mediante expediente disciplinario do servicio de calquera das administracións públicas nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

3. Non atoparse incurso en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade previstas na lexislación vixente.

4. Estar en posesión da titulación académica que para cada categoría figura no anexo I.

Tódolos requisitos enumerados nesta base deberán estar en posesión do interesado o día de finalización do prazo de presentación das solicitudes.

Instancias.

O currículum vitae e toda a demais documentación presentarase no prazo de 10 días naturais contados a partir do seguinte ó da inserción do anuncio da convocatoria no taboleiro de anuncios da Casa do Concello, no Centro de Desenvolvemento Local e no DOG.

A devandita documentación presentarase no Centro de Desenvolvemento Local (CDL) situado na Lomba do Cruceiro, 5-Ribadetea, 36860 Ponteareas, en horario das 9 ás 14 horas, ou ben a través dos procedementos admitidos pola Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Así mesmo, deberá achegarse fotocopia do DNI.

Os aspirantes ás contratacións solicitarán a súa inclusión nunha única categoría e non se admitirán máis solicitudes que unha por persoa ou categoría. No suposto de detectarse duplicidades, os aspirantes incursos nestas serán excluídos inmediatamente.

As bases estarán a disposición dos interesados no Centro de Desenvolvemento Local.

Ponteareas, 26 de xaneiro de 1998.

José Castro Álvarez

Alcalde