Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 26 de febreiro de 1998 Páx. 1.996

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 1998, da Dirección Xerencia do Hospital Montecelo de Pontevedra, pola que se anuncia a contratación do servicio de realización de probas analíticas en laboratorio externo para o Hospital Montecelo e o Ambulatorio Virxe Peregrina mediante concurso público, polo procedemento aberto e trámite de ruxencia. (Expediente 9804).

A Dirección Xerencia do Hospital Montecelo de Pontevedra en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG do 6 de xuño), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o concurso público nº 9804, polo procedemento aberto e trámite de urxencia seguinte:

I. Obxecto e orzamento: a contratación do servicio de realización de probas analíticas en laboratorio externo para o Hospital Montecelo e Ambulatorio Virxe Peregrina, por un orzamento anual de vinteún millóns (21.000.000) de pesetas, IVE incluído.

II. Prazo de execución: o servicio obxecto do presente concurso público executaranse a partir da data de formalización do contrato ata o 31 de decembro de 1998.

III. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas e demais documentación complementaria, poderá ser solicitada no servicio de subministración e concursos do Hospital Montecelo, lugar de Mourente, s/n. C.P. 36071 de Pontevedra, nos días laborables desde as 9 ata as 14 horas, ou por teléfono ó nº (986) 80 00 17, ou fax ó nº (986) 80 00 01, durante o prazo de admisión das proposicións.

IV. Fianzas: provisional, o dous por cento do orzamento da licitación, que se constituirá conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

V. Solvencia económica e financeira: as empresas licitadoras acreditarán a súa solvencia económico-financeira por calquera dos medios previstos no artigo 16 da LCAP (Lei 13 de 1995).

VI. Solvencia técnica: acreditarase por algún dos medios previstos no artigo 19 da Lei 13/1995, de contratación das administracións públicas.

VII. Criterios de adxudicación: os especificados no prego de cláusulas (punto 10).

VIII. Clasificación: grupo III, subgrupo 1, categoría A.

IX. Presentación das proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoas que o representen, no rexistro xeral do Hospital Montecelo,

antes das catorce horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

X. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Montecelo, ás dez horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

XI. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas.

XII. Variantes: o estipulado no punto 3.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

XIII. Anuncios: o importe dos anuncios do presente concurso público será por conta dos adxudicatarios.

Pontevedra, 9 de febreiro de 1998.

Rafael Pérez-Santamarina Feijóo

Director xerente do Hospital Montecelo

de Pontevedra