Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 26 de febreiro de 1998 Páx. 1.989

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/38-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Electra del Cabalar, S.L.

Enderezo social: Arnoso, 1, 15613 A Capela.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. de Fiunte.

Situación: A Capela.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 de 507 m de lonxitude en conductor LA-30, que parte da L.M.T. Calzados-Barreiro e final no C.T. que se construirá en Fiunde de 100 kVA a 15.000/380 V e a súa rede de baixa tensión. Concello da Capela.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1996, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismo ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 22 de xaneiro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña