Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 26 de febreiro de 1998 Páx. 1.989

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/103-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. Valdomar.

Situación: Nogueira de Ramuín (Ourense).

Descricións técnicas: liña aérea M.T. a 20 kV, conductor LA-56 de 31 m de lonxitude, desde a L.M.T. A Carballeira ata o C.T. aéreo proxectado en Valdomar, de 100 kVA R.D.T. 20.000/220-380 V.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1996, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran

nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismo ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 8 de xaneiro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense