Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 26 de febreiro de 1998 Páx. 1.988

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/97-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: distribución interior do parque empresarial (L.M.T.S, C.T., R.B.T.).

Situación: O Carballiño (Ourense).

Descricións técnicas: liña M.T. subterránea a 20 kV, de 195 m de lonxitude, conductor R.H.V.-12/20 kV-3x240 Al, derivada desde a arqueta de M.T. existente á entrada do parque empresairal e remate no C.T. de 250 kVA proxectado no mesmo parque, Rel. de Trasnf. 20.000/380-220 V e rede de baixa tensión subterránea de 30 m.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1996, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismo ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 8 de xaneiro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense