Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 26 de febreiro de 1998 Páx. 1.989

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/288-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Abelenda.

Situación: O Porriño.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 817 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 7 da L.M.T., en proxecto, ó C.T. de Calsaldovello, rematando no C.T. Casaldovello, rematando no C.T. que se proxecta en Abelenda, concello do Porriño. C.T. que se proxecta en Abelenda, concello do Porriño. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. aea, de 150 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1996, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismo ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 22 de xaneiro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegado provincial de Pontevedra