Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 26 de febreiro de 1998 Páx. 1.987

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/99-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. da rúa Salvador Dalí (Ourense).

Situación: r/ Salvador Dalí, Ourense.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea de 20 kV conductor R.H.V.-12/20 kV-3x150 Al de 120 m de lonxitude, desde a L.M.T. existente no C.T. Gal. O Couto-C.T. Estadio-1, ata o C.T. proxectado en local da rúa Salvador Dalí, de 630 kVA R.D.T. 20.000/380-220 V e R.B.T. de 130 m.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódolas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 7 de xaneiro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense