Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 26 de febreiro de 1998 Páx. 1.987

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/104-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderzo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. nas Carreiras (Sandiás).

Situación:

Descricións técnicas: liña de M.T. aérea espida, a 20 kV, de 485 m de lonxitude, conductor LA-56/54 desde o apoio nº 7 da L.M.T. a Trafos existente na Lagoa de Antela, ata o C.T. aéreo proxectado nas Carreiras, de 100 kVA, R.D.T. 20.000/380-220 V.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos codicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 7 de xaneiro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense