Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 25 de febreiro de 1998 Páx. 1.952

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso público, por procedemento aberto e trámite de urxencia con expediente anticipado de gasto, para a contratación da asistencia técnica para a realización da tramitación técnica de expedientes ambientais.

Orzamento máximo: 18.000.000 de pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: do 1-4-1998 ó 31-3-1989 (doce meses).

Fianza provisional: 360.000 ptas.

Fianza definitiva: 720.000 ptas.

Forma de tramitación: urxente.

Prazo de presentación de instancias: deberán presentarse no rexistro da Consellería de Medio Ambiente, sita na rúa dos Basquiños, nº 2 de Santiago de Compostela, ou no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación deste concurso no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores: no sobre de documentación xeral, a establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas. No sobre de referencias técnicas, a establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas e no de prescricións técnicas. No sobre de proposición económica, a establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nunha das salas de xuntas da Consellería de Medio Ambiente, rúa dos Basquiños, nº 2 de Santiago de Compostela, ás 12 horas do sexto día natural, que non coincida en sábado ou festivo, a partir do seguinte ó do prazo de presentación de proposicións.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas estarán á disposición dos licitadores para o seu exame e entrega durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, nas dependencias da Secretaría Xeral de Medio Ambiente, rúa dos Basquiños, nº 2, Santiago de Compostela.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 1998.

P.D. (Orde 18-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente