Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 25 de febreiro de 1998 Páx. 1.952

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución, outorgamento da condición de instalación de producción eléctrica acollida ó réxime especial e aprobación do proxecto sectorial urbanístico, con título parque eólico da Lagoa. (Expediente 97/5).

Para os efectos previstos nos Decretos 2617/1968, 2619/1966, 2366/1994, do Ministerio de Industria e Enerxía, Decreto 205/1995 e acordo do 1-10-1997 da Xunta de Galicia, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aproveitamento da enerxía eólica e aprobación do proxecto sectorial urbanístico, sométese a información pública, para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública, instalación de producción eléctrica en réxime especial e aprobación do proxecto sectorial urbanístico, as instalacións eléctricas que se citan:

-Solicitante: Grupo Auxiliar Metalúrgico, S.A. (Gamesa).

-Domicilio social: Avda. do Cruicerio, 201 A. 15705-Santiago de Compostela.

-Denominación: parque eólico da Lagoa.

-Situación: municipios de Ferrol e Narón.

Características técnicas:

-Potencia que se vai instalar: 24,42 mW.

-Superficie afectada: 4,57 km.

Coordenadas: V1 (0.561.721 W, 4.825.000N), V2 (0.562.500 W, 4.824.663N), V3 (0.562.500W, 4.824.000N), V4 (0.562.000W, 4.823.5000N), V5 (0.562.500W, 4.822.350N) V6 (0.561.300 W, 4.822.350N), V7 (0.561.300W, 4.821.500N), V8 (0.560.655W, 4.821.500N), V9 (0.560.00W, 4.822.500N), V10 (0.560.000W, 4.823.000N), V11 (0.560.500W, 4.823.000N), V12 (0.560.500W, 4.823.500N) e V13 (0.561.000W, 4.823.500N).

-37 aeroxeradores, mod. Gamesa eólica G-47 montados sobre torres metálicas troncocónicas de 43,4 m de altura con alternadores asíncronos de 660 kW de potencia a 690 V e con rotores de 3 pas de 20 m. de lonxitude.

-37 transformadores de potencia instalados nas torres metálicas, de 800 kVA/u e con tensións de 0,69/20 kV.

-Rede eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, en gabia de 1 m de profundidade con conductor RHV 15/25 kV de 3 (1x240)mm Al, interconectando os transformadores e a subestación eléctrica.

-Subestación eléctrica a 20/132 kV, con transformador principal de potencia de 20 (26) MVA a 20/132 e transformador de servicios auxiliares de 50 kVA a 20/0,380-0,220 kV.

-Aparamenta para telemando telecontrol, protección e sinalización para as instalacións a 132 kV e a 20 kV da subestación eléctrica.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición no prazo de trinta días nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071-A Coruña.

A Coruña, 6 de febreiro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña