Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 25 de febreiro de 1998 Páx. 1.951

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 1998, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Cruzamento de Barbantes e O Carballiño, con anexos: V-7012; XG-386, por substitución da concesión: V-7012; XG-386, de Rubiás ó Carballiño.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por Orde do 7 de novembro de 1997, resolveu outorgar, con carácter definitivo, á empresa Montañesa, S.L., a concesión do servicio público

regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Cruzamento de Barbantes e O Carballiño, con anexos: V-7012; XG-386, por substitución da concesión: V-7012; XG-386, de Rubiás ó Carballiño, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

I. Itinerarios e puntos de parada.

* Cruzamento de Barbantes, Barbantes, Rubiás, Ourantes, Vilar, Cristimil, Las, Salamonde, Cruceiro, Cruzamento de San Amaro, Outeiro, Cruzamento de Anllo, Porto de Eguas, Partovia, O Carballiño (Instituto F.P.) e O Carballiño (E.A.).

* Outeiro, Anllo e Cruzamento de Anllo.

* Cruceiro, Treboedo, Ansamonde, Bouzas, Lavandeira, Montegrande, Santián, Señorín, O Carballiño (Instituto N. B.) e O Carballiño (E.A.).

* Cruzamento de San Amaro, San Amaro, Grupo Escolar de Cenlle, Cenlle e Lentille.

* Grupo Escolar de Cenlle, Vilar de Rei e Lama.

* Las e Eiras.

II. Prohibicións de tráfico.

* De e entre Porto de Eguas e O Carballiño, puntos intermedios e viceversa.

* De Cruzamento de Barbantes, na N-541, para O Carballiño e viceversa.

III. Expedicións e calendario.

Cruzamento de Barbantes-O Carballiño por Rubiás, Las, Eiras, Salamonde, Cruceiro, San Amaro, Anllo e Porto de Eguas.

* Unha expedición de ida e volta en días lectivos.

* Unha expedición de ida e volta os luns, mércores e venres durante o período non lectivo.

* Unha expedición de ida e volta os días 16 e derradeiro de cada mes ou véspera cando estes coincidan con domingo ou festivo, feira no Carballiño, durante o período non lectivo.

Lentille-O Carballiño por Cenlle, Lama, San Amaro, Anllo e Porto de Eguas.

* Unha expedición de ida e volta os martes laborables.

Lentille-O Carballiño por Cenlle, Lama, San Amaro, Cruceiro, Treboedo e Señorín.

* Unha expedición de ida e volta os xoves laborables.

* Unha expedición de ida e volta os días 16 e derradeiro de cada mes ou véspera cando estes coincidan con domingo ou festivo, feira no Carballiño.

IV. Tarifas.

Tarifa aplicable:

* Tarifa partícipe por viaxeiro/Km.: 10,4673 pesetas.

* Tarifa usuario: 11,20 pesetas.

* Exceso de equipaxes e encargos: 1,57 pesetas.

Contra a citada orde, definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 1998.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes