Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 25 de febreiro de 1998 Páx. 1.953

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 1998 pola que se anuncia concurso para a contratación de prestación de servicios complementarios para o funcionamento dos centros sociais municipais de Labañou e Sagrada Familia.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación.

b) Número de expediente: As 98/5.

2. Obxecto do contrato: servicios complementarios para o funcionamento dos centros sociais municipais de Labañou e Sagrada Familia.

Prazo de execución: un ano.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: poxa.

4. Orzamento base de licitación: 17.000.000 de ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 340.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vienteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará ste automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de ofertas. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Oferta económica» e «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta (nome ou denominación social do licitador) para optar ó concurso para a contratación da prestación de servicios complementarios para o funcionamento dos centros sociais municipais de Labañou e Sagrada Familia.».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 29 de xaneiro de 1998.

O alcalde

P.D.

Rubricado