Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Martes, 24 de febreiro de 1998 Páx. 1.921

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, por delegación de competencias segundo a Orde do 17 de decembro de 1997, resolveu adxudica-los seguintes contratos:

-Subministración de 28,5 millóns de unidades de semente de ameixa fina (Tapes decussata) en 3 lotes de 9,5 millóns de unidades/lote.

Adxudicatario lotes 1 e 2: A Ostreira, S.L.

Importe: 22.800.000 ptas.

Adxudicatario lote 3: Comercial Tinamenor, S.L.

Importe: 11.400.000 ptas.

-Subministración de 20,13 millóns de unidades de semente de ostra (Ostrea edulis), en 3 lotes de 6,71 millóns de unidades/lote.

Adxudicatario lotes 1 e 2: A Ostreira, S.L.

Importe: 22.814.000 ptas.

Adxudicatario lote 3: Comercial Tinamenor, S.L.

Importe: 11.407.000 ptas.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e 199 do regulamento.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 1998.

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura