Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Martes, 24 de febreiro de 1998 Páx. 1.921

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de modificación e dos novos estatutos da Asociación Local de Auto-Taxi de Narón.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolve

mento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) desta delegación provincial foron, depositados ás 11 horas do día 13 de xaneiro de 1998 a acta de modificación e os novos estatutos da Asociación Local de Auto-Taxi de Narón.

A modificación consiste na nova redacción dos trinta e sete artigos.

Asinan a acta de modificación e os novos estatutos: Julio Rodríguez Díaz (presidente) e Sebastián Simo Pazos (secretario).

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

A Coruña, 14 de xaneiro de 1998.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE