Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Martes, 24 de febreiro de 1998 Páx. 1.920

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 30 de xaneiro de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada Filgia número 2, a favor de Valentina Collazo Ordóñez e José Ramón Bravo González.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 101, do 31), e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños en augas de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 228, do 21) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Filgia nº 2.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal H, cuadrícula 153.

Data da concesión: 12-6-1974.

Data de finalización da última prórroga: 30-7-2004.

Anterior concesionario: Enrique Collazo Rial e Manuela Ordóñez Fernández.

Novo titular da concesión e batea: Valentina Collazo Ordóñez e José Ramón Bravo González.

O novo titular queda subrrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como

obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 30 de xaneiro de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña