Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Martes, 24 de febreiro de 1998 Páx. 1.920

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 23 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, da notificación da resolución dictada por este delegado provincial no expediente sancionador de sanidade alimentaria 38/1997.

En aplicación do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27), notifícaselle á persoa que se identifica cos datos que a continuación se relacionan, que con esta data se acorda, por non ser posible a súa notificación a través de correos, publica-la notificación da resolución do expediente sancionador 38/1997 por infracción do D 239/1986, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de manipuladores de alimentos da Xunta de Galicia. O interesado dispón dun prazo de trinta días para exa

mina-lo expediente na Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Ourense (Avda. de Zamora, nº 13), co fin de poder presenta-lo recurso ordinario pertinente, se o considera oportuno, segundo o preceptúan os artigos 114 ó 117 da Lei 30/1992.

Denunciado: Antonio González González.

DNI: 76.702.897-J.

Último enderezo coñecido: rúa Antonio Puga, nº 4-1º A. Ourense.

Ourense, 23 de xaneiro de 1998.

Armando González López

Delegado provincial de Ourense