Na sesión celebrada o día 10 de febreiro de 1998 polo tribunal IV-1C, designado para xulga-las probas selectivas para o acceso ás categorías 24 (xastre/a) e 25 (cargador tremoeiro/a) do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996 (Diario Oficial de Galicia nº 242, 12-12-1996), acordouse:
1º.- Que os segundos exercicios para os aspirantes aprobados no primeiro exercicio do proceso selectivo para o acceso ás categorías 24 (xastre/a) e 25 (tremoeiro/a) do grupo IV terán lugar o día 9 de marzo de 1998 ás 11.30 horas, na Escola Galega de Administración Pública, sita no polígono das Fontiñas, na localidade de Santiago de Compostela.
O chamamento para a entrada dos opositores no lugar de celebración do exercicio comezará ás 11.15 horas.
2º.- Os aspirantes de ámbalas categorías, deberán comparecer provistos de documento identificativo (base II.2.3 e base II.3.2), e de bolígrafo.
Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 1998.
José Ramón Pardo Cabarcos
Presidente do tribunal