Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Martes, 24 de febreiro de 1998 Páx. 1.914

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 1998, do tribunal IV-1C, designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 30 do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996, pola que se procede ó sinalamento da data, a hora e o lugar de celebración do segundo exercicio das probas selectivas.

Na sesión celebrada o día 10 de febreiro de 1998 polo tribunal IV-1C, designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 30 (auxiliar de formación ocupacional) do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996 (Diario Oficial de Galicia nº 242, 12-12-1996), acordouse:

1º.- Que o segundo exercicio para os aspirantes aprobados no primeiro exercicio do proceso selectivo para o acceso á categoría 30 (auxiliar de formación ocupacional) do grupo IV terá lugar o día 11 de marzo de 1998 ás 11.30 horas, na Escola Galega de Administración Pública, sita no polígono das Fontiñas, na localidade de Santiago de Compostela.

O chamamento para a entrada dos opositores no lugar de celebración do exercicio comezará ás 11.15 horas.

2º.- Para a práctica do exercicio, os opositores deberán presentarse provistos da máquina de escribir correspondente.

No suposto de que se presenten provistos de máquina eléctrica ou electrónica que posúa algún tipo de memoria, cinta correctora ou calquera outro sistema de corrección, estes non poderán ser utilizados no exame, debendo para isto adopta-los opositores, previamente á súa realización, as medidas oportunas para o efecto. Serán eliminados aqueles opositores que incumpran estas disposicións.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 1998.

José Ramón Pardo Cabarcos

Presidente do tribunal