Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Martes, 24 de febreiro de 1998 Páx. 1.914

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (340/1993).

Fco. Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela.

Fago saber: que neste xulgado se seguen autos de procedemento de xuízo executivo, baixo o número 340/1993, por instancia de Banco Exterior de España, S.A., representado pola procuradora Ángeles Regueiro, contra Juan José Abalo Laya e Albino Abalo Rubianes e outro, nos cales se acordou sacar a

poxa pública, polo termo de vinte días, os bens que logo se dirán, coas seguintes condicións:

Primeira.-Sinalouse para que teña lugar o remate en primeira poxa o próximo día 23 de marzo, ás 10 horas, na sala de audiencia deste xulgado, polo tipo de 8.756.737 ptas.

Segunda.-Para o suposto de resultar deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa o próximo día 23 de abril ás 10 horas, na sala de audiencia deste xulgado, coa rebaixa do 25 por cento do tipo que o foi para a primeira.

Terceira.-Se resultar deserta a segunda, sinalouse para a terceira poxa o próximo día 22 de maio, ás 10 horas na sala de audiencia deste xulgado, sen suxeición a tipo.

Cuarta.-Nas poxas primeira e segunda non se admitirán ofertas que non cubran o tipo correspondente.

Quinta.-Para tomaren parte en calquera das tres poxas, tódolos licitadores -a excepción do acredor-demandante- deberán consignar previamente o 20 por cento do tipo para seren admitidos á licitación, calculándose esta cantidade na terceira poxa respecto do tipo da segunda, suma que se deberá consignar na conta de depósitos e consignacións deste xulgado aberta no Banco de Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, debendo facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte: 1584-17-0340/93 e presentando o resgardo de ingreso.

Sexta.-Os títulos de propiedade dos inmobles poxados encóntranse suplidos polas correspondentes certificacións rexistrais que figuran nos autos, de manifesto na secretaría do xulgado, para que os que desexen tomar parte na poxa poidan examinalos, entendéndose que todo licitador os acepta como bastantes, sen que poidan esixir ningún outro, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes ó crédito do demandante, se os houber, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o adxudicatario os acepta e queda subrogado na necesidade de os satisfacer, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Sétima.-Poderanse facer ofertas en prego cerrado.

Oitava.-No caso de terse que suspender calquera das tres poxas, trasládase a súa celebración á mesma hora para o día seguinte hábil dentro da semana en que se sinalase a poxa suspendida.

Novena.-Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes na poxa, salvo a que corresponda ó mellor ofertante, que se reservará en depósito como garantía do cumprimento da obriga e, se for o caso, como parte do prezo da venda.

Décima.-Se o acredor o pedise ata o último momento da celebración da poxa, tamén se poderán reservar

en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obriga e desexasen aproveita-lo remate os outros licitadores e sempre pola orde das ofertas.

Décimo primeira.-O sinalamento do lugar, día e hora para o remate notificaráselle ó debedor, no predio ou predios poxados e, se for o caso, a publicación dos presentes edictos sirve como notificación dos sinalamentos.

Bens obxecto da poxa:

1. Vivenda unifamiliar de planta baixa e aproveitamento baixo cuberta; ocupa unha extensión superficial útil de oitenta metros cadrados, edificada sobre unha parcela de 363 metros cadrados, cerrada pola súa fachada con valado de formigón e reixa de aluminio. Limita: norte, José Falcón; sur, camiño real, por onde ten a entrada; leste, praza de San Miguel e oeste, Celsa Friera Riestra. Inscrita no Rexistro da Propiedade Inmobiliaria de Vilagarcía de Arousa no tomo 808, libro 247, folio 65, predio número 9.559.

Valorada en 8.756.737 ptas.

Dado en Santiago de Compostela o vinteún de xaneiro de mil novecentos noventa e oito.

Rubricado