Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Luns, 23 de febreiro de 1998 Páx. 1.892

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE ANÓNIMA PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL DE GALICIA

ACORDO das comisións de selección das prazas de xerentes das fundacións para o desenvolvemento das comarcas de Ordes, Bergantiños, Ortegal, Terra de Melide, Arzúa, Terra de Lemos, A Fonsagrada, A Ulloa, Os Ancares, Valdeorras, Terra de Celanova, O Carballiño, O Deza, A Paradanta, Tabeirós-Terra de Montes, O Salnés e Baixo Miño.

As comisións de seleccióin das prazas de xerentes das fundacións para o desenvolvemento das comarcas de Ordes, Bergantiños, Ortegal, Terra de Melide, Arzúa, Terra de Lemos, A Fonsagrada, A Ulloa, Os Ancares, Valdeorras, Terra de Celanova, O Carballiño, O Deza, A Paradanta, Tabeirós-Terra de Montes, O Salnés e Baixo Miño, na reunión levada a cabo o pasado día 18 de febreiro de 1998, tomaron

o acordo de facer públicos os criterios de valoración das probas de selección da convocatoria das prazas publicadas no Diario Oficial de Galicia con data 7 e 16 de xaneiro de 1998.

A baremación das probas axustarase ós seguintes criterios:

a) Valoración do currículum vitae:

Criterios

Puntuación

máxima

1. Responsabilidade na xestión de fundacións ou empresas, cooperativas, asociacións e outras institucións (grupos de cotización á Seguridade Social 1 ou 2) (puntuación 0,2/mes)4

2. Promoción e xestión de programas comunitarios (puntuación 0,1/mes)1

3. Promoción e xestión de iniciativas de desenvolvemento (puntuación 0,1/mes)1

4. Coñecemento da lingua galega (cursos de iniciación e perfeccionamento)0,5

5. Coñecemento de informática0,5

Puntuación total7

A puntuación máxima que se poderá conseguir na valoración do currículum é de 7 puntos.

b) Proba tipo test de coñecementos específicos. A puntuación máxima que se poderá acadar nesta proba é de 10 puntos.

c) Entrevista persoal. A puntuación máxima que se poderá obter por este concepto é de 5 puntos.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 1998.

Andrés Precedo Ledo

Presidente das comisións de selección