Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Luns, 23 de febreiro de 1998 Páx. 1.892

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXA DE AFORROS PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

ELECCIÓN de conselleiros xerais en representación dos impositores.

En desenvolvemento do proceso electoral para a renovación do 50% dos conselleiros xerais desta entidade e en cumprimento do que establecen os seus estatutos xerais e regulamento de designacións, o día catro do vindeiro mes de marzo, ás 9 horas e no auditorio desta entidade (Avda. Augusto García Sánchez Edificio Social), procederase a efectuar, por circunscricións electorais, o sorteo público, perante notario, das contas de impositores que reúnen as condicións necesarias para ostenta-la condición de compromisarios que, posteriormente, elixirán os conselleiros xerais en representación dos impositores.

Pontevedra, 16 de febreiro de 1998.

O presidente da Comisión Electoral

Rubricado