Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Luns, 23 de febreiro de 1998 Páx. 1.891

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DA COMARCA DE TERRA DE TRIVES

BASES da convocatoria da praza de xerente da Fundación para o Desenvolvemento da Comarca da Terra de Trives.

En cumprimento do establecido na Lei de Galicia 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación, e de conformidade co acordo adoptado polo Padroado da Fundación para o Desenvolvemento da Comarca de Terra de Trives, na reunión do día 16 de febreiro de 1998, convócanse probas de selección para cubrir, baixo a modalidade de contratación indefinida, unha praza de xerente para facerse cargo da xestión da dita fundación.

As condicións específicas do contrato de traballo así como as funcións que ten que realiza-lo xerente da fundación estarán a disposición dos interesados na sede da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, sita na estrada de Santiago de Compostela-Noia km 3, A Barcia (Santiago de Compostela).

I. Requisitos xerais:

-Ter nacionalidade dun país membro da Unión Europea.

-Ser maior de 18 anos.

-Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida desempeña-las funcións correspondentes.

-Acreditar titulación superior ou experiencia demostrable de polo menos dous anos nun posto similar, indistintamente.

-Dispoñer do carné de conducir.

II. Condicións específicas das prazas:

a) Aptitudes para o posto. Valórase:

-Natureza sociable.

-Carácter dinámico.

-Capacidade de traballo.

-Capacidade de liderado.

-Dispoñibilidade para mobilidade xeográfica.

b) Coñecementos específicos para cubrir este posto:

-As regulacións legais que afectan ó modelo de desenvolvemento comarcal.

-Metodoloxías e planificación estratéxica do desenvolvemento comarcal.

-Xestión de programas de desenvolvemento local e creación de emprego.

-Xestión e administración de fundacións de interese galego e de institucións sen finalidade de lucro.

-Estructura social e económica da comarca de Terra de Trives.

c) Coñecementos complementarios:

-Acredita-lo coñecemento da lingua galega.

-Posuír e acredita-lo coñecemento da informática con nivel usuario.

III. Documentación que hai que presentar:

-Fotocopia do DNI.

-Currículum vitae xunto coa documentación orixinal ou fotocopia compulsada que acredite os coñecementos, os méritos e a titulación ou a titulación ou experiencia esixida.

-Escrito de solicitude.

IV. Lugar e prazo de presentación:

As solicitudes presentaranse nas dependencias da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, dirixidas ó conselleiro delegado desta sociedade, situada na estrada de Santiago de Compostela-Noia, km 3, A Barcia. 15896 Santiago de Compostela.

O prazo de presentación será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación destas bases no Diario Oficial de Galicia.

V. Proceso de selección:

1. Expirado o prazo de presentación de solicitudes, a comisión seleccionadora publicará as listas previas de admitidos e excluídos, con motivo da exclusión, se é o caso. Establécese un prazo de cinco días hábiles para que, por petición do interesado, se poidera reparar calquera erro que sexa emendable. Esgotado este prazo, publicaranse as listas definitivas de admitidos e excluídos fixaranse o lugar e a data en que comezarán as probas. Os candidatos deberán asistir provistos do DNI. Estas listas publicaranse no taboleiro de anuncios da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia.

2. As probas de selección consistirán en:

a) Valoración do currículum vitae. Para a valoración do currículum teranse en conta os seguintes criterios:

Criterios

Puntuación

máxima

1. Responsabilidade na xestión de fundacións ou empresas, cooperativas, asociacións e outras institucións (grupos de cotización á Seguridade Social 1 ou 2) (puntuación 0,2/mes)4

Criterios

Puntuación

máxima

2. Promoción e xestión de programas comunitarios (puntuación 0,1/mes)1

3. Promoción e xestión de iniciativas de desenvolvemento (puntuación 0,1/mes)1

4. Coñecemento da lingua galega (cursos de iniciación e perfeccionamento)0,5

5. Coñecemento de informática0,5

Puntuación total7

A puntuación máxima que se poderá conseguir na valoración do currículum é de 7 puntos.

b) Proba tipo test de coñecementos específicos sobre os contidos que se recollen no apartado II.b). A puntuación máxima que se poderá acadar nesta proba é de 10 puntos.

Unha vez valoradas as probas anteriores, a comisión de selección publicarase no taboleiro de anuncios da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia a lista provisional dos resultados, que incluirá o lugar e a data en que se realizarán as entrevistas persoais ós cinco candidatos que consigan maior puntuación.

c) Entrevista persoal: a puntuación máxima que se poderá obter por este concepto é de 5 puntos.

3. Unha vez finalizado todo o proceso anterior, a comisión de selección publicará os resultados no taboleiro de anuncios da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 1998.

Andrés Precedo Ledo

Presidente do padroado da fundación