Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Luns, 23 de febreiro de 1998 Páx. 1.890

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 1998 pola que se anuncia concurso para a subministración dunha planta de aglomerado en frío, con destino ó parque de maquinaria.

Tipo de licitación: fíxase en 16.000.000 de ptas., IVE incluído.

Fianzas: a provisional do 2% do tipo de licitación, e a definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Plicas: durante vinteseis días naturais a partir do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: terá lugar no Pazo Provincial ás 12 horas do día seguinte ó que finalice o prazo de presentación de proposicións.

Información: Servicio de Contratación da deputación. Teléfono: 981 80 41 01.

As características peculiares e a documentación para tomar parte no concurso figuran no expediente que obra no Servicio de Contratación.

Pontevedra, 6 de febreiro de 1998.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado