Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Luns, 23 de febreiro de 1998 Páx. 1.886

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do estudio de detalle para o reaxuste de determinacións e delimitación do plan parcial do polígono B-4 de Fontesanta.

A Comisión de Goberno, en virtude da delegación do alcalde, do 15-7-1996, na sesión con data do 19-1-1998, acordou aprobar, con carácter inicial, o estudio de detalle formulado mediante iniciativa particular por Jorge Fontenla Coello, en interese das entidades mercantís Deca Promociones, S.L. e Áridos Gallegos, S.L., coa finalidade de reaxustar determinacións e delimitación do plan parcial do polígono B-4 de Fontesanta do plan xeral de ordenación urbana, sendo redactado este documento polos arquitectos Cordeiro Rodríguez, Davila Alonso, Jiménez López e Meijide Rico, e visado pola delegación en Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia con data 11-12-1997, modificándose o estudio de detalle no que atinxe ó apartado referido ós espacios libres de uso público de titularidade municipal, posto que as instalacións efectuadas sobre estas piscinas e pistas deportivas terán a condición de bens municipais de servicio público, polo que se corrixe o estudio de detalle nese

apartado, debendo ser aclarada pola promotora a relación de propietarios previamente á información pública, sen prexuízo do cal se lles notificará este acto a todos aqueles propietarios que figuren na documentación do presente expediente.

Así mesmo, nese mesmo acto acordouse a apertura do trámite de exposición pública e notificación ós propietarios e demais interesados directamente afectados comprendidos no ámbito territorial do estudio de detalle, determinándose que, con carácter previo á súa aprobación definitiva, o concello deberá resolver por medio das formas de xestión que considere máis axeitadas o mantemento e utilización das instalacións deportivas citadas, no sentido sinalado neste acto.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poderá examinarse o expediente na Unidade Municipal de Fomento (rúa dona Tareixa) e formularse as alegacións procedentes, servindo tamén este anuncio de notificación, ó abeiro do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, a tódolos propietarios ou interesados no procedemento directamente afectados que non poidan ser notificados individualmente, ben por descoñecidos ou porque se ignore o lugar de notificación, enderezo, medio ou porque a notificación no se puido practicar.

Pontevedra, 29 de xaneiro de 1998.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario general