Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Luns, 23 de febreiro de 1998 Páx. 1.885

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

Para dar cumprimento ó establecido na lexislación vixente, faise pública a aprobación definitiva do proxecto de urbanización da zona 4 do SU-32, na Comisión de Goberno do 15 de xaneiro de 1998.

Contra o dito acordo pódese interpor recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir da publicación deste anuncio, sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que considere oportuno.

Ourense, 21 de xaneiro de 1998.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde