Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Luns, 23 de febreiro de 1998 Páx. 1.886

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO de poxa con procedemento aberto.

Por acordo do Concello Pleno do día 23 de xaneiro de 1998 foi aprobado o prego de cláusulas administrativas particulares para a venda mediante poxa aberta dun ben patrimonial, propiedade do Concello de Vilagarcía de Arousa, parcela edificable de 150 m no plan especial de reforma interior da Escardia.

Tipo de licitación: fíxase en 12.000.000 de ptas. A mellora realizarase á alza con respecto ó tipo de licitación.

Fianza provisional: fíxase en 250.000 ptas.

Exposición do expediente: na secretaría do concello, todolos días laborais, durante as horas de oficina, agás o sábado.

Prazo e lugar de presentación das proposicións: na secretaría do concello, de 9.30 a 13.30 horas, durante o prazo de vinteseis días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

Apertura de plicas: na Casa do Concello, ás doce horas do quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de propostas.

Proposicións: deberán presentarse conforme o modelo que consta no prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentos que deben presenta-los licitadores: a documentación que presentarán os licitadores é a prevista na cláusula VII do prego de cláusulas administrativas particulares.

Vilagarcía de Arousa, 30 de xaneiro de 1998.

Joaquín Javier Gago López

Alcalde