Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Luns, 23 de febreiro de 1998 Páx. 1.871

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (69/1996).

O secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa fai saber:

Que nos autos que a seguir se dirán figura dictado o auto, cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

Auto.

En Arzúa o dezaoito de decembro de mil novecentos noventa e sete.

Vistos por Eva María Doval Lorente, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción desta vila,

os presentes autos de executivo outros títulos, número 69/1996, seguidos por instancia de Caixa de Aforros de Galicia, representada polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, sendo demandado José Freire Barral, procédese a dicta-la seguinte sentencia:

Seguen feitos e fundamentos xurídicos.

Parte dispositiva.

S.Sª, por ante min, o secretario, dixo: decrétase mellora do embargo realizado sobre bens do demandado José Freire Barral, debendo embargarlle novamente bens da súa propiedade en contía suficiente para cubri-la suma de 1.741.163 pesetas reclamadas en autos por principal, xuros e custas orzamentadas.

Contra esta resolución cabe recurso de reposición ante este xulgado no prazo de tres días.

Así o acordou, mandou e asina S.Sª Eva María Doval Lorente, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número un de Arzúa, do que dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma á parte demandada, declarada en rebeldía, expido a presente resolución en Arzúa o vinteoito de xaneiro de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado