Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Luns, 23 de febreiro de 1998 Páx. 1.872

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (11/1998-4).

En virtude do acordado polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, en providencia do 22 de xaneiro de 1998, dictada en expediente de dominio que se segue neste xulgado co número 11/1998-4, por instancia de Financiera Maderera, S.A., representada pola procuradora Begoña Rodríguez Palleiro, para facer constar no Rexistro da Propiedade a reanudación do tracto sucesivo interrompido, de xeito tal que a súa descrición sería a seguinte:

Número 147 do plan xeral da zona de concentración parcelaria de San Cristovo de Enfesta. Rústico, terreo dedicado a prado, regadío e monte, no sitio de Portasinas, concello de Santiago de Compostela, que linda: norte, Filomena Leborán Mosquera (146); e sur, leste e oeste, camiño construído polo servicio de concentración parcelaria. Ten unha extensión superficial dunha hectárea, dezasete áreas e trinta e dúas centiáreas das que doce áreas e oitenta e oito centiáreas son de regadío, e unha hectárea, catro áreas e catro centiáreas, de sequeiro. Este predio está atravesado pola súa parte media e en dirección sur-norte, por dous regatos.

Polo presente edicto son citadas cantas persoas ignoradas poidan ser afectadas por este expediente

e prexudicadas pola inscrición que se solicita, co fin de que no termo de dez días, a partir da publicación deste edicto, poidan comparecer no referido expediente para alegar canto ó seu dereito conveña, para a pretensión formulada.

Conforme o disposto no artigo 201, regra terceira, da Lei hipotecaria, e en cumprimento do ordenado na dita resolución, faise pública para os efectos oportunos.

Santiago de Compostela, vintedous de xaneiro de mil novecentos noventa e oito.

Rubricado