Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Luns, 23 de febreiro de 1998 Páx. 1.843

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 1998 pola que se delegan determinadas funcións en materia de transporte sanitario nos xefes de servicio de Planificación e Ordenación Sanitaria.

O Decreto 42/1998, do 15 de xaneiro, polo que se regula o transporte sanitario (DOG nº 29, do 12 de xaneiro de 1998) proposto conxuntamente polas consellerías de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, de Industria e Comercio e de Sanidade e Servicios Sociais, atribúe no seu artigo 6.3º ó delegado provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais a competencia para outorgar ou denega-la certificación técnico-sanitaria solicitada.

Non obstante o anterior, e dado que se trata dun procedemento incluído no Servicio de Resposta Inmediata, polo Decreto 216/1997, do 30 de xullo, cómpre arbitrar medidas que eviten atrasos ou demoras na tramitación dos expedientes.

Consecuentemente, esta delegación provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, considera oportuno delegar determinadas funcións na materia de transporte sanitario nos xefes de servicio de Planificación e Ordenación Sanitaria, co obxecto de acadar unha maior simplificación e axilización dos procedementos administrativos.

Na súa virtude, en uso das facultades que me confiren o artigo 15 do Decreto 198/1994, do 16 de xuño, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e conforme o disposto no artigo 13 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das admi

nistracións públicas e do procedemento administrativo común,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Deléganse nos xefes de servicio de Planificación e Ordenación Sanitaria desta delegación provincial as seguintes facultades:

a) Outorgar ou denega-las certificacións técnico-sanitarias solicitadas, unha vez vista a documentación presentada, cos informes que considere pertinentes, e comprobado o cumprimento das condicións e requisitos establecidos no Decreto 42/1998, do 15 de xaneiro.

b) Renovar anualmente as certificacións técnico-sanitarias a partir de cumprirse o segundo ano de antigüidade do vehículo, logo da pertinente verificación.

c) A revogación da certificación técnico-sanitaria, no caso de que se produzan alteracións das características técnico-sanitarias do vehículo que impliquen o incumprimento dos requisitos establecidos no anexo I do decreto para cada tipo de vehículo.

Así mesmo, delégase a recualificación do vehículo, sempre que isto cumpra os requisitos establecidos no artigo 4 do dito decreto, o que suporá a revogación da certificación anteriormente concedida.

Artigo 2º

As resolucións administrativas que se adoptan por delegación indicarán expresamente esta circunstancia, e consideraranse dictadas polo órgano delegante.

Artigo 3º

Exclúense da delegación recollida nesta resolución, os supostos referidos no artigo 13.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 13 de febreiro de 1998.

Diego Bernal Llorente

Delegado provincial da Coruña