Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Luns, 23 de febreiro de 1998 Páx. 1.842

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 1998, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se seleccionan os centros desta Comunidade Autónoma que participarán na actividade de escolas viaxeiras durante o ano 1998.

Por Orde do 25 de novembro de 1997 (DOG do 17 de decembro), a Consellería de Educación e Orde-

nación Universitaria convocou axudas para a realización de actividades de escolas viaxeiras durante o ano 1998.

Efectuada a valoración das solicitudes polas comisións provinciais previstas no punto 8 da citada orde, e conforme a proposta da comisión constituída con tal fin nesta dirección xeral, e en función das atribucións que me foron conferidas pola orde de referencia,

RESOLVO:

Selecciona-los centros para participar na actividade de escolas viaxeiras que se sinalan no anexo que se xunta á presente resolución.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 1998.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa