Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Luns, 23 de febreiro de 1998 Páx. 1.841

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

DECRETO 52/1998, do 20 de febreiro, polo que se nomea a Francisco Campos Freire, director xeral da Compañía de Radio Televisión de Galicia.

De conformidade co artigo 10.1º da Lei de Galicia 9/1984, do 11 de xullo, de creación da Compañía de Radio Televisión de Galicia, e oído o Consello de Administración desta, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de febreiro de mil novecentos noventa e oito.

Nomeo a Francisco Campos Freire director xeral da Compañía de Radio Televisión de Galicia.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte de febreiro de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo