Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Venres, 20 de febreiro de 1998 Páx. 1.833

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 1998 pola que se anuncia a asistencia técnica para a redacción dun proxecto básico e, se é o caso, de execución para a reforma do mercado de abastos municipal sito na rúa Serra, mediante concurso con intervención de xurado.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, praza de España s/n, 36071 Pontevedra.

A) Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

B) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato:

A) Descrición do obxecto: a asistencia técnica para a redacción dun proxecto básico e, se é o caso, de execución para a reforma do mercado de abastos municipal sito na rúa Serra, mediante concurso con intervención de xurado.

B) Prazo de redacción do proxecto de execución: dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

A) Tramitación: ordinaria.

B) Procedemento: aberto.

C) Forma: concurso con intervenciaón de xurado.

4. Premios: establécense como premios do concurso os seguintes:

Primeiro premio: encargado da redacción do proxecto de execución en misión completa, en desenvolvemento do proxecto básico premiado, así como a dirección técnica da execución das obras contidas no proxecto. A dirección da obra poderá ser codirixida, segundo designación que se é o caso efectúe o Concello de Pontevedra. Os horarios do proxecto e a súa dirección fíxanse en trece millóns e medio de pesetas (13.500.000 pesetas).

Segundo premio: un millón de pesetas (1.000.000 de pesetas).

Accésits: dous accésits de cincocentas mil pesetas (500.000 ptas.) cada un.

5. Obtención de documentación e información:

A) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España s/n Pontevedra 36071. Teléfono: (986) 80 43 00. Telefax: 86 01 02, e Delegación Provincial do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Rúa Riestra, 11 edificio Villa Pilar. Pontevedra.

B) Data límite de obtención de documentos e información: cincuenta e dous (52) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

6. Presentación das proposicións:

A) Data límite de presentación: cincuenta e dous días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

B) Documentación que hai que presentar: cláusulas 2ª e 10ª do prego.

C) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra. En horario de 9 a 13 horas.

7. Apertura das proposicións: polo xurado o día seguinte hábil ó do remate do prazo sinalado para

a presentación das proposicións ás 12 horas no salón de actos, de conformidade co procedemento establecido na cláusula décimo segunda do prego.

8. Gastos: serán de conta do adxudicatario os gastos de publicación de anuncios e cantos outros se orixinen con motivo dos trámites preparatorios do contrato así como todo tipo de tributos, incluídos o imposto estatal sobre o valor engadido e o imposto municipal sobre actividades económicas, así como a taxa establecida na respectiva ordenanza fiscal pola formalización do contrato, en documento administrativo, autorizado polo secretario.

Pontevedra, 10 de febreiro do 1998.

Juan Luís Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario