Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Venres, 20 de febreiro de 1998 Páx. 1.834

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

CONCURSO con intervención de xurado para a contratación da asistencia técnica para a redacción do plan especial de protección e ordenación do pazo Quiñones de León, xardíns e parque de Castrelos do Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicante.

Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Patrimonio Histórico, Patrimonio e Contratación. Nº expediente: 668/405.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: asistencia técnica para a contratación da asistencia técnica para a redacción do plan especial de protección e ordenación do pazo Quiñones de León, xardíns e parque de Castrelos do Concello de Vigo.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: cláusula 8 do prego de condicións técnicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso con intervención de xurado do artigo 216 da Lei 13/1995.

4. Orzamento base.

7.600.000 ptas.

5. Garantías.

Provisional, non se esixe. Definitiva, 4% do prezo do contrato.

6. Obtención da documentación e información.

Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono (986) 81 01 48, fax (986) 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas.

Data límite: 26 días contados desde o día seguinte á publicación do presente anuncio no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 9 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obrigación de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura ofertas.

Entidade, domicilio e localidade: secretaría xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións.

O modelo de proposición axustarase ó recollido na cláusula 9.3.2 do prego de condicións administrativas. Para a valoración dos proxectos teranse en conta o interese do proxecto presentado e o programa e calendario de traballo.

11. Gastos anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 26 de xaneiro de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde