Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Venres, 20 de febreiro de 1998 Páx. 1.832

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

Aprobado polo Pleno da Corporación, en sesión do 30-1-1998, o expediente de contratación para adxudica-la xestión indirecta do servicio de depuración de augas residuais na modalidade de concesión administrativa, o prego de condicións económico administrativas exponse ó público polo período de oito días contados a partir da publicación deste anuncio, para efectos que poidan presentarse reclamacións contra este. Simultaneamente anúnciase licitación coas características que se sinalan advertindo que será aprazada no caso de que se presenten reclamacións ó prego.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Cangas.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto de contrato.

Descrición do obxecto: xestión indirecta do servicio de depuración de augas residuais na modalidade de concesión administrativa.

Lugar de execución: municipio de Cangas.

Prazo de concesión: 16 anos, prorrogables por 5 anos, ata un máximo de 50 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: non se establece. A retribución do adxudicatario será mediante tarifa que percibiran os usuarios debendo os concursantes propoñe-la contía das distintas tarifas xustificadas con estudio económico, podendo incluír na proposición económica diversas opcións.

5. Garantía provisional: 1.000.000 de pesetas.

6. Obtención da documentación e información.

Entidade: Concello de Cangas. Domicilio: Paseo de Castelao, s/n. Localidade e código postal: 36940-Cangas. Teléfono: 30 00 50. Fax: 30 48 50. Data límite de obtención de documentos e información: os trece días contados a partir da publicación deste anuncio no BOP e no Diario Oficial de Galicia, na secretaría xeral do concello.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: os trece días seguintes á publicación deste anuncio no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a que se require no apartado XVIII do prego.

Lugar de presentación: na secretaría xeral do concello.

9. Apertura das proposicións económicas: quinto día hábil seguinte non sábado de concluí-lo prazo de presentación de proposicións ás 13.30 horas, na sala de reunións da alcaldía (ver cláusula XXII do prego de condicións).

10. Outras informacións:

Criterios base para a adxudicación do concurso.

-Menor prezo ofertado (tarifas): 60%.

-Experiencia na xestión de depuración de augas: 25%.

-Avaliación de medios materiais e persoais: 15%.

11. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Cangas, 2 de febreiro de 1997.

Euloxio López Gutiérrez

Alcalde presidente